ARTE VISUAL Y FUNCIONAL
O meu traballo ten dous aspectos. Por unha banda, realizo pezas de arte pictórica e, por outra, obxectos funcionais nos que deseño e artesanía se unen coa arte para crear pezas únicas.
Vivo nunha aldea rodeada de prados, árbores e do piar dos paxaros. Este contexto inflúe inevitablemente no meu traballo xunto coa introspección e a observación. A isto hai que engadir os materiais que utilizo, que dan singularidade a cada unha das pezas. En boa medida, son obxectos reutilizados, aos que lles dou unha segunda oportunidade antes de acabar en vertedoiros e plantas de reciclaxe.
Por último, o enfoque da proposta artística baséase na visión poética á hora de concibir cada peza, matiz esencial que é o selo de identidade.